La Coctelera

Cavilacións educativas.

O sgredo da educación é ensinar á xente de tal xeito que non se dean conta de que están aprendendo ata que é demasiado tarde.

25 Diciembre 2005

Valores que valen

Valores que valen.

Publicado por José R. Vidal na Tribuna Libre do Faro de Vigo (Edc. o Morrazo) o 24 de Nadal de 2004.

Vivimos tempos enganosos, nos que non resulta doado saber a que atermos para actuar de xeito coherente nunha sociedade caracterizada por cambios acelerados, complexos, dirixidos e contraditorios, que aceptamos sen máis, cal imposición, para poder seguirlle-lo ritmo ó "benestar”, sen valora-lo costo e o sacrificio ó que someten ós nosos principios e valores morais. Estanse a producir cambios importantes e desaparecendo límites necesarios. Pouco a pouco configuramos unha cultura social na que determinados valores e procedementos non se contemplan e son obxecto de burla e desprezo.

Semella como si estiveramos instalados na lexítima comodidade do non compromiso, no día a día, na improvisación, na defensa do defecto virtuoso, nas actuacións ó ditado da instrumentalización... Coma si a negociación lle gañara terreo ó diálogo, o desprezo á consideración, a pasividade á conciencia crítica. O prexuízo ó coñecemento, a hipocresía á responsabilidade... Semella que os heroes de hoxe, os modelos a imitar, "os que venden” son os contistas, os aproveitados, os creadores de necesidades innecesarias. Semella que vivimos unha nova forma de picaresca vital na que a ignorancia aparece disfrazada de solemnidade, de moita aparencia e pouco fondo. Falamos e falamos, e moitas veces a nosa voz non é nosa. Coma si a vertente utilitarista da vida, a eficacia inmediata, o medible, prevalecera sobre a planificación, o estudio e a prevención. Cuestións como a honradez, a solidariedade, o respecto, a xenerosidade, a tolerancia, a disciplina, o sacrificio, a superación persoal, o traballo ben feito, trocáronse pola recompensa sen esforzo, polo capricho, a indolencia, por aparentalo que non somos, polo diñeiro fácil e polo enriquecemento rápido a costa do que sexa. Hoxe parece que nos satisface máis amorear que compartir, aparentar máis que ser, dar unha imaxe máis que ser auténticos/as. A expresión sincera dos sentimentos, da afectividade, do cariño, da amizade, ou non se fai ou se desata sen control nin equilibrio en ateigados e benpagados escenarios audiovisuais. Parécenos máis cómodo botárlle-la culpa ós demais do que nos pasa que recoñece-los nosos erros, como si as mil caras da tentación non estiveran sempre presentes para caer nela ou tamén para rexeitala.

Ó apuntar solucións os expertos din que é cuestión de educar en valores, de cambios de fondo, de que si unha boa parte da aprendizaxe se debe ó que observamos na casa, no traballo e na sociedade, debemos coida-lo exemplo que damos na posta en práctica dos valores que valen e queremos transmitir, de que si dende a familia, como primeiros educadores, e a escola non se traballan estas cousas, se poñen algúns límites e fomentan determinadas actitudes, hai pouco que facer.

Quizais conveña que todos e todas reflexionemos sobre o noso exemplo, para ver que é o que está na nosa man para encamiñarnos neste sentido. No modelo de conduta que ofertamos, ¿rexeitamos ou ignoramos a alguén por que pensa ou fai as cousas de xeito diferente?, ¿respectamos a todos/as por igual?, ¿xulgamos e decidimos en base a prexuízos, a interesadas informacións parciais, sen coñece-los feitos?, ¿vendémo-lo que non temos? ¿dámo-las cousas por ben feitas por comodidade, conveniencia e interese persoal?, ¿recoñecémo-lo esforzo, o traballo e os dereitos dos demais?, ¿conformámonos con sabe-lo que temos que facer sen poñelo en práctica ?..

Semella que, por cotiás, deixaramos de ter mala conciencia ante determinados feitos. Semella que imos moi de presa, que falta tempo para a reflexión, para non disolvemos na rutina e na desculpa sistemáticas, para non instrumentalizalo todo a conveniencia. . . Pero só semella. Estou seguro de que todos sabemos que os valores non xorden da nada, que hai valores e valores, e que unha cousa é o respecto as actuacións dos demais e outra que todo sexa igualmente válido.

Permítome esta reflexión a carón do Nadal, para que os bos desexos se fagan realidade,perduren e non tiñámo-la necesidade de ter que dedicarlle un día internacional ós valores que nunca debemos perder para garantir una convivencia xusta,ecuánime, ponderada e en paz.
Bo Nadal. Bos valores. Sempre.

servido por jvidal 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

María

María dijo

Muy bien Jose.

27 Mayo 2006 | 11:40 AM

Cristina Vargas

Cristina Vargas dijo

La realidad frente a la integracion educativa para los niños con capacidades distintas dista mucho de lo que deberia ser en Mexico...y seguira asi mientras no cambie las actitudes por nuevos paradigmas y exista una adecuada conscientizacion en el respeto a las diferencias e igualdad de oportunidades..y el interes por parte de los docentes en una actualizacion profesional para brindar esa calidad de la que usted menciona..SIN ESTO LA INTEGRACION NO PASARA DE SER UNA BUENA INTENCION DE UNOS CUANTOS...NO DE LA MAYORIA. Me gusto mucho su aportacion...espero que no sea la unica

29 Septiembre 2006 | 02:16 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de jvidal

Cavilacións educativas.

ver perfil »
contacto »
José R. Vidal. Mestre. Profesor de Pedagoxía Terapéutica. Licenciado en Psicoloxía. Traballo nun IES e preocúpame a facilidade coa que a sociedade asume determinados "valores" de dubidosa contribución á formación dos nosos alumnos e alumnas.

Fotos

jvidal todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera