Cavilacións educativas. O sgredo da educación é ensinar á xente de tal xeito que non se dean conta de que están aprendendo ata que é demasiado tarde. 2007-12-04T23:43:30+00:00
This is an Atom syndication feed. It is intended to be viewed in a news aggregator or syndicated to another site. Please visit the Atom Project for more information.
Cultura the-shaker: that blog/flickr/multimedia-aggregator kind of thing Cavilacións educativas. http://s3.amazonaws.com/lcp/jvidal/myfiles/Jose65x65.JPG http://jvidal.espacioblog.com/post/2007/12/04/a-pao-aula--6 A pé de aula. 2007-12-04T23:43:30+00:00 2007-12-04T23:43:30+00:00

O papel das novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito escolar e un tema de actualidade que suscita tantos posicionamentos diferentes como maneiras temos de entender os conceptos de ensinar e aprender. Despois da dotación de medios tecnolóxicos á escola durante os últimos anos, cabe preguntarse si esa informatización está a supoñer unha mellora cualitativa do proceso de ensinanza-aprendizaxe ou simplemente nos quedamos en usar os ordenadores para ensinar ós alumnos/as a sumar como si o fixeran con lapis e papel.

En boa medida, o debate céntrase en aspectos como o número de alumnos por ordenador, a distribución do insuficiente material sen criterio pedagóxico consensuado e axustado ás necesidades, a elección de software comercial ou libre, a informática como asignatura, a formación do profesorado nesta materia... Non son problemas menores pero creo que non son o problema.

No decreto que regula as ensinanzas da educación secundaria na nosa comunidade fálase da necesidade de que estas tecnoloxías se incorporen como un recurso máis ó proceso de ensino e aprendizaxe para que os alumnos/as acaden unha competencia dixital que lles permita dispor de habilidades para buscar, obter e procesar a información para transformala en coñecemento. Con todo, a día de hoxe, bótanse en falta estratexias de coordinación para aproveitar e dar a coñecer os recursos xa existentes, a dotación de ordenadores suficientes en tódalas aulas e unha consideración especial na dotación e acceso a esta ferramenta polos alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo, entre outras moitas cousas. As tecnoloxías non deberían chegar á escola só para que os alumnos aprendan a utilizalas, se non para convertelas nun instrumento fundamental da práctica educativa que, coa incorporación progresiva de iniciativas pedagóxicas e cambios na metodoloxía, lles permita, dende unha actitude diferente ante o traballo e o estudio, aprender e manexarse en tódolos contextos.

Neste sentido estanse a producir interesantes aportacións de moitos profesionais ó traballo de aula, nun intento de rentabilizar a tecnoloxía en beneficio da aprendizaxe, sobor de todo na dos alumnos con necesidades educativas específicas. O software educativo e os programas de autor utilizados por moitos de nós para crear actividades "á medida", ofrecen moitas vantaxes como bos presentadores de asociacións e administradores de reforzos, permitíndonos motivar e axustarnos ás súas necesidades de aprendizaxe con tarefas, en especial ás de tipo memorístico, asociativo ou que requiren da práctica repetida para acadar axilidade e automatismos. Mais, si non responden a unha planificación coordinada do conxunto das tarefas, si non se integran no contexto no que se aplican e non interactúan con outros medios, dificilmente crearán melloras substanciais no xeito de procesar a información e na aprendizaxe. Constátase que as novas tecnoloxías empezan a formar parte da práctica educativa cando, despois dunha primeira fase de aprendizaxe do uso básico e de adaptación, chegamos a apropiarnos delas experimentando novas maneiras de traballar didacticamente facendo cousas que sen a tecnoloxía non serían posibles.

Lonxe de insistir na súa dispoñibilidade e no seu potencial, deberiamos incidir nas estratexias didácticas, nos materiais de aprendizaxe, nas capacidades de búsqueda planificada... É inútil seguir machucando certos conceptos dende metodoloxías obsoletas e pouco axustadas á realidade. A información e os recursos están na rede. Só temos que manexalos para que nos permitan ofertar materiais máis completos que á súa vez posibiliten achegamentos ós contidos: imaxes. sons, vídeos... fan que os alumnos/as con diferentes ritmos de aprendizaxe se acheguen ós mesmos dunha maneira máis significativa. Precisamos ir máis alá das puntuais, e non sempre ben consideradas, experiencias de aula dun reducido número de profesores/as entusiastas. O ordenador e un medio máis da aula que debe interactuar e convivir con outros medios para permitirmos acadar unha formación integral posibilitadora de novas aprendizaxes e capaz de dar respostas axeitadas ós retos da sociedade do futuro.

De seguro que coa prescritiva elaboración do Plan de integración das novas tecnoloxías e a sensibilidade, compromiso e xestión dos responsables desta materia na Administración e nos centros educativos, seremos quen de escolarizar a informática despois de informatizar a escola. Entre tod@s e en beneficio de tod@s. José R. Vidal.

<o:p></o:p>

Cavilacións educativas. http://s3.amazonaws.com/lcp/jvidal/myfiles/Jose65x65.JPG http://jvidal.espacioblog.com/post/2007/11/23/queres-podes- Queres? Podes. 2007-11-23T11:06:12+00:00 2007-11-23T11:06:12+00:00

Na bitácora dos compañeiros de Tadega atopei este video que me parece de interese para cando, como eles dín, as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais.

Velaiquí a historia:
Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama "Ironman" (home de aceiro) que consiste en:
- Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán.
- Continuar cunha bicicleta en ruta percorrendo nada menos que 180 quilómetros sen parar con sobidas e baixadas prolongadas.
- Rematar cunha maratón de 43.5 quilómetros nun derradeiro e destrozante esforzo físico e mental (os campións do mundo precisan entre 8 e 12 horas para rematar a proba).

Pois é aquí que un pai con 60 anos tiña unha enorme ilusión, competir co seu fillo con parálise cerebral en brazos ao longo de toda a proba. Nunca viu coma un obstáculo o do seu fillo senón como unha aposta, un empeño. O entrenamento foi duro e longo, pero aquí tedes o resultado. O vídeo chámase "Can" (podo). Ti, tamén.
<OBJECT height=355 width=425> <PARAM NAME="movie" VALUE="http://www.youtube.com/v/f4B-r8KJhlE&rel=1"> <PARAM NAME="wmode" VALUE="transparent"> <embed src="http://www.youtube.com/v/f4B-r8KJhlE&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed> </OBJECT> </PARAM>

Cavilacións educativas. http://s3.amazonaws.com/lcp/jvidal/myfiles/Jose65x65.JPG http://jvidal.espacioblog.com/post/2007/11/07/de-todo-pouco Responsabilidade de tod@s. 2007-11-07T19:14:53+00:00 2007-11-11T13:47:32+00:00
Atopei este video na bitácora do compañeiro Domingo Méndez, mestre en Cieza, no que recolle algunhas intervencións do xuíz de menores de Granada Emilio Calatayud Pérez. Aínda que fala un pouco de todo, creo que paga a pena que lle botemos unha olla e reflexionemos todos: alumnos/as, pais, profesores, autoridades,...
<OBJECT height=355 width=425> <PARAM NAME="movie" VALUE="http://www.youtube.com/v/K2GTauJT5Vg"> <PARAM NAME="wmode" VALUE="transparent"> <embed src="http://www.youtube.com/v/K2GTauJT5Vg" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed> </OBJECT>
Esta é a segunda parte:
<OBJECT style="BORDER-RIGHT: 0px; BORDER-TOP: 0px; BACKGROUND: none transparent scroll repeat 0% 0%; MARGIN: 0px; BORDER-LEFT: 0px; BORDER-BOTTOM: 0px" height=355 width=425> <PARAM NAME="movie" VALUE="http://www.youtube.com/v/91gDdSSX_jk"> <PARAM NAME="wmode" VALUE="transparent"> <embed src="http://www.youtube.com/v/91gDdSSX_jk" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed> </OBJECT> </PARAM></PARAM> Cavilacións educativas. http://s3.amazonaws.com/lcp/jvidal/myfiles/Jose65x65.JPG http://jvidal.espacioblog.com/post/2007/01/29/convivencia-sen-contradiccions Convivencia sen contradiccións 2007-01-29T16:17:41+00:00 2007-11-06T07:34:02+00:00
CONVIVENCIA SEN CONTRADICCIÓNS.
José R. Vidal

Na sociedade complexa na que vivimos, caracterizada polos cambios acelerados, a variedade de ofertas e os desafíos constantes, non é doado saber a que atermos para actuar de xeito coherente e responsable no exercicio da nosa actividade e non acada-lo efecto contrario daquilo que pretendiamos. Principios, valores e normas que ata o de onte asumiamos coma válidos, hoxe, ou xa non se contemplan, ou son instrumentalizados a conveniencia por unha nova cultura social obsesionada polo benestar que bota man do consumo (e nos chama clientes no canto de cidadáns), das necesidades innecesarias e do espectáculo como instrumentos “educadores” de masas, e converte o noso quefacer diario nunha práctica de contradicións con consecuencias non sempre beneficiosas para a convivencia e as melloras que ansiamos.
Así, a pesares das aparentes boas formas e maneiras das que facemos gala nas relacións cos demais e coas que secundámo-los valores contidos nas mensaxes dos Días internacionais e datas sinalas, sen querer dármonos conta, a realidade vaise tinguindo de discriminación onde pretendiamos respecto pola diferenza, de desprezo polos que discrepan e non pensan coma nós , de mentira como habilidade socio profesional, de vinganza, de mediocridade obrigada para poder soporta-lo acoso moral e escolar que nos rodea. Sobrada de clubs de amigos ós que só pertencen os que interesadamente nos apoian, de marxinación intencionada, de prexuízos, de excluíntes maiorías amañadas, de hipocrisía bempensante,… a práctica diaria está falta de ética, de coherencia, de honestidade e xogo limpo. Semellamos estar instalados na lexítima comodidade do non compromiso, na improvisación rutineira, na defensa do defecto virtuoso,... nos dereitos sen deberes. Coma si a vertente utilitarista da vida, a eficacia inmediata, o medible, prevalecera sobre a planificación, o estudio e a prevención. Cuestións como a solidariedade, o respecto, a tolerancia, a disciplina, o sacrificio, a superación persoal, o traballo ben feito, trócanse pola recompensa inmediata sen esforzo, polo antollo, polo beneficio persoal e pola escasa tolerancia á frustración e ó fracaso. Semella que imos moi de présa, que non todos/as somos necesarios, que falta tempo para a reflexión, mínimos obrigados para a convivencia, para non disolvérmonos na rutina e na desculpa sistemáticas, no auto engano,… para non instrumentalizalo todo a conveniencia.
Unha cousa é que á hora de dar respostas e busca-lo noso papel ante os novos e inquietantes desafíos que a sociedade nos presenta cada día reclamémo-lo noso dereito a ser diferentes e a critica-lo que se nos propón coma conveniente e poder pensar e seleccionar outras posibilidades, e outra moi distinta, que todo sexa igualmente válido e xustificable. O feito de que os desaxustes, as discrepancias e a falta de consenso sexan habituais e fagan difícil o labor diario, non debe desanimarnos nin xustificar actitudes coma as sinaladas, conformistas ou pasivas, senón que debe entenderse como un atributo permanente deste labor na procura dunha sociedade máis xusta e respectuosa coa diversidade que, por medio dunha educación das actitudes, das conviccións e dunha maior implicación na mellora da convivencia, nos iguale realmente a todas e todos en dereitos, deberes e oportunidades, sen exclusións, sen facer da aparencia, da falsidade e do enfrontamento modelos de conducta a imitar. José R. Vidal Calvelo.
Cavilacións educativas. http://s3.amazonaws.com/lcp/jvidal/myfiles/Jose65x65.JPG http://jvidal.espacioblog.com/post/2006/04/30/diversidade-educativa- Diversidade educativa. 2006-04-30T17:24:16+00:00 2007-11-06T07:00:26+00:00
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: ¿INTEGRACIÓN OU SEGREGACIÓN ESCOLAR?
José R. Vidal Calvelo.

Veño de ler unha serie de artigos sobre a diversidade e as necesidades educativas específicas que me suscitan as seguintes reflexións en relación coa miña práctica docente.

Na escola, como na vida, acadar unha convivencia cordial e integradora supón partir da consideración previa de que si non todos e todas somos iguais nin capaces de segui-lo mesmo ritmo, non se nos pode esixi-lo mesmo rendemento e comportamento.
A diversidade é inherente á escola. É o punto de partida da acción educativa. A imposibilidade de ofertar un sistema común de traballo á heteroxeneidade que implica, é o primeiro paso cara a segregación dentro da integración inicial. A determinación institucional de que o alumno diverso participe no acto didáctico que se produce na escola ordinaria non é suficiente; é indispensable analiza-la praxis real para detectar nela a súa incorporación, rexeitamento ou segregación.

Os diferentes graos de diversidade requiren diferentes respostas institucionais por parte da escola: a opcionalidade, a recuperación, o reforzo, as adaptacións, as medidas organizativas, o profesorado especialista e os servizos multidisciplinares deben te-la consideración, non dunha xerarquía de medidas técnicas de aplicación individual por persoal especializado, si non dun continuo de servizos que teñen por obxectivo servir de utilidade e seren aplicables a toda a poboación escolar.
Ás veces, sen darnos conta, contribuímos coas nosas actuacións individuais a crear segregación ou exclusión onde pretendiamos integración. As avaliacións case exclusivamente baseadas nos resultados , o control da orde e a convivencia escolar en base a expulsións e o trato diferenciado apartándoos de actividades comúns, a falta de coordinación entre os profesionais implicados, a desconsideración cara novas propostas de atención, a crenza de que a diversidade limítase ó trato por especialistas dos alumnos con necesidades educativas especiais, segregan máis que integran.

A resposta que a escola de calidade debe dar á diversidade que por obriga escolariza conleva unha serie de plantexamentos organizativos e actitudinais que deben ser asumidos por toda a comunidade escolar:

• ten que ser unha resposta de tipo institucional, non individual,
• que defina un modelo educativo que inclúa fórmulas de participación, cooperación e transferencia de experiencias entre o persoal docente (recordemos que o persoal de primaria ten menos dificultades que o de secundaria para adaptarse a heteroxeneidade da ESO, pola súa experiencia en contextos dunha grande diversidade de estilos e capacidades),
• que neutralice calquera tipo de discriminación por razón do que sexa,
• que rompa co vello esquema do “destinatario imaxinario” (¿para quen explico?),
• que busque un equilibrio entre as áreas de coñecementos e as de habilidades,
• que avalíe máis en función de proposicións de tipo mais xeral ( comunicación, razoamento lóxico, solución de problemas, desenvolvemento persoal e social…) que das materias académicas concretas, e
• que faga plantexamentos xerais de atención a toda a diversidade do Centro en función dos recursos cos que se conte.

O reto consiste en ser quen de ofertar a cada un a axuda que precisa, axustando a intervención educativa á individualidade, harmonizando dende o proxecto de centro a función e coordinación de tódolos profesionais que conforman esa resposta, conscientes de que o éxito está máis en función da calidade e cantidade das aprendizaxes que do déficit en si.

José R. Vidal Calvelo.
Cavilacións educativas. http://s3.amazonaws.com/lcp/jvidal/myfiles/Jose65x65.JPG http://jvidal.espacioblog.com/post/2005/12/28/maltreita-educacion Maltreita educación 2005-12-28T18:10:21+00:00 2007-11-06T06:48:13+00:00
Maltreita educación.

José R. Vidal
<img src="http://www.lacoctelera.com/myfiles/jvidal/Pensador 15.jpg" width="76" height="104" class="imgizqda"
Veño de ler un artigo no xornal sobre a educación dos rapaces no que, sen estar totalmente de acordo con algúns dos seus plantexamentos, si participo dalgunhas das súas reflexións.
Fálase da falta de valores, de respecto e de disciplina. Penso que nos tempos que corren é moi difícil transmitir valores que, a pesares de seren recoñecidos como convenientes e bos para a formación das persoas, gozan de pouca aceptación popular, sobre todo entre os máis novos, nunha sociedade que parece atopar no autoengano unha fonte de "felicidade", coma si todo estivera do noso lado e as cousas se conseguiran con só desexalas, coma si me asistiran tódolos dereitos e as obrigas, de habelas, tiveran que estar en consonancia coa miña escasa resistencia á frustración.

Fala tamén o compañeiro de que os profesores temos parte de culpa do actual nivel de formación e educación dos nosos alumnos e alumnas. O colegueo e bo rollo que como norma educativa practicamos cos alumnos, lonxe de facilita-la consecución dos obxectivos plantexados non deriva máis que en falta de respecto e escaso aproveitamento educativo. Penso que nos nosos centros o profesorado soubo crear un bo ambiente de aula, como lugares cunhas condicións aceptables para que se dera a aprendizaxe, pero carecemos de ambiente de centro: aquilo que, ó saíres da nosa aula, nos una na defensa e desenvolvemento dun proxecto educativo común que, consensuado por todos, dea resposta axeitada ás necesidades de formación integral dos nosos alumnos/as. Cando nunha tarefa tan difícil como a de educar somos quen de prescindir, ignorar e incluso desprezar ós que, na lexítima defensa das súas conviccións educativas, non pensan coma nós e discrepan dende unha actitude de mellora, cando as nosas razóns toman forza case exclusivamente do apoio interesado, é moi difícil poñer en práctica ese proxecto común e menos aínda avalialo e reconducilo.

¿Culpables?. Todos. Dí. Os pais delegan e os fillos non os teñen como exemplo; a administración parece estar máis preocupada en parchear que en deseñar e apoiar actuacións coherentes e racionais en función das necesidades dos centros e do seu grao de axuste, innovación e cumprimento da normativa educativa.

Vivimos nunha permanente temporalidade improvisada na que é moi difícil saber a que atermos para deseñar intervencións coherentes que dean resposta ás necesidades de formación. Ó panorama educativo fáltalle un proxecto estable de futuro, un referente consensuado no que as aportacións individuais atopen xustificación e apoio para dar resposta á diversidade educativa.
Cavilacións educativas. http://s3.amazonaws.com/lcp/jvidal/myfiles/Jose65x65.JPG http://jvidal.espacioblog.com/post/2005/12/25/valores-valen Valores que valen 2005-12-25T19:10:40+00:00 2007-11-06T06:48:04+00:00
Valores que valen.

Publicado por José R. Vidal na Tribuna Libre do Faro de Vigo (Edc. o Morrazo) o 24 de Nadal de 2004.

Vivimos tempos enganosos, nos que non resulta doado saber a que atermos para actuar de xeito coherente nunha sociedade caracterizada por cambios acelerados, complexos, dirixidos e contraditorios, que aceptamos sen máis, cal imposición, para poder seguirlle-lo ritmo ó "benestar”, sen valora-lo costo e o sacrificio ó que someten ós nosos principios e valores morais. Estanse a producir cambios importantes e desaparecendo límites necesarios. Pouco a pouco configuramos unha cultura social na que determinados valores e procedementos non se contemplan e son obxecto de burla e desprezo.

Semella como si estiveramos instalados na lexítima comodidade do non compromiso, no día a día, na improvisación, na defensa do defecto virtuoso, nas actuacións ó ditado da instrumentalización... Coma si a negociación lle gañara terreo ó diálogo, o desprezo á consideración, a pasividade á conciencia crítica. O prexuízo ó coñecemento, a hipocresía á responsabilidade... Semella que os heroes de hoxe, os modelos a imitar, "os que venden” son os contistas, os aproveitados, os creadores de necesidades innecesarias. Semella que vivimos unha nova forma de picaresca vital na que a ignorancia aparece disfrazada de solemnidade, de moita aparencia e pouco fondo. Falamos e falamos, e moitas veces a nosa voz non é nosa. Coma si a vertente utilitarista da vida, a eficacia inmediata, o medible, prevalecera sobre a planificación, o estudio e a prevención. Cuestións como a honradez, a solidariedade, o respecto, a xenerosidade, a tolerancia, a disciplina, o sacrificio, a superación persoal, o traballo ben feito, trocáronse pola recompensa sen esforzo, polo capricho, a indolencia, por aparentalo que non somos, polo diñeiro fácil e polo enriquecemento rápido a costa do que sexa. Hoxe parece que nos satisface máis amorear que compartir, aparentar máis que ser, dar unha imaxe máis que ser auténticos/as. A expresión sincera dos sentimentos, da afectividade, do cariño, da amizade, ou non se fai ou se desata sen control nin equilibrio en ateigados e benpagados escenarios audiovisuais. Parécenos máis cómodo botárlle-la culpa ós demais do que nos pasa que recoñece-los nosos erros, como si as mil caras da tentación non estiveran sempre presentes para caer nela ou tamén para rexeitala.

Ó apuntar solucións os expertos din que é cuestión de educar en valores, de cambios de fondo, de que si unha boa parte da aprendizaxe se debe ó que observamos na casa, no traballo e na sociedade, debemos coida-lo exemplo que damos na posta en práctica dos valores que valen e queremos transmitir, de que si dende a familia, como primeiros educadores, e a escola non se traballan estas cousas, se poñen algúns límites e fomentan determinadas actitudes, hai pouco que facer.

Quizais conveña que todos e todas reflexionemos sobre o noso exemplo, para ver que é o que está na nosa man para encamiñarnos neste sentido. No modelo de conduta que ofertamos, ¿rexeitamos ou ignoramos a alguén por que pensa ou fai as cousas de xeito diferente?, ¿respectamos a todos/as por igual?, ¿xulgamos e decidimos en base a prexuízos, a interesadas informacións parciais, sen coñece-los feitos?, ¿vendémo-lo que non temos? ¿dámo-las cousas por ben feitas por comodidade, conveniencia e interese persoal?, ¿recoñecémo-lo esforzo, o traballo e os dereitos dos demais?, ¿conformámonos con sabe-lo que temos que facer sen poñelo en práctica ?..

Semella que, por cotiás, deixaramos de ter mala conciencia ante determinados feitos. Semella que imos moi de presa, que falta tempo para a reflexión, para non disolvemos na rutina e na desculpa sistemáticas, para non instrumentalizalo todo a conveniencia. . . Pero só semella. Estou seguro de que todos sabemos que os valores non xorden da nada, que hai valores e valores, e que unha cousa é o respecto as actuacións dos demais e outra que todo sexa igualmente válido.

Permítome esta reflexión a carón do Nadal, para que os bos desexos se fagan realidade,perduren e non tiñámo-la necesidade de ter que dedicarlle un día internacional ós valores que nunca debemos perder para garantir una convivencia xusta,ecuánime, ponderada e en paz.
Bo Nadal. Bos valores. Sempre.